Artigos
Biblioteca
Constitúe un dos puntos de servizo da Biblioteca Universitaria de Vigo (BUV), integrada no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (BUGalicia). Todos os membros da Comunidade Universitaria poden facer uso dela.
Horario
- De luns a xoves, de 08.30 h. a 21.00 h.
- Venres, de 8.30 h. a 20.00h.
- En xullo, agosto, e vacacións de Nadal, redúcese o horario.
Tematicamente, os seus fondos de libros, revistas, vídeos, casetes, CDROMs, etc., cobren as necesidades de información na docencia e investigación da Enxeñería de Telecomunicación, e seguen unha clasificación temática segundo a “Nomenclatura Internacional da Unesco para os campos de ciencia tecnoloxía”. Para facer consultas é preciso encher un papel de préstamo na sala. As revistas están colocadas por número de firma no depósito, mentres que os últimos números atópanse nos expositores da Hemeroteca. Os vídeos, casetes, CD-ROMs, etc. deben ser solicitados no mostrador de préstamo.
A Biblioteca dispón de dous postos de consulta do catálogo, 6 postos de navegación por Internet e 288 postos de lectura. Tamén dispón de cinco salas de traballo en grupo para profesorado e alumnado, que é preciso reservar previamente, e unha hemeroteca.
Datos de contacto
Biblioteca
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Rúa Maxwell s/n
Campus Universitario Lagoas - Marcosende
36310 Vigo (Pontevedra) - España


