Artigos

Queixas e suxestións

Finalidade

Os formularios de queixas e suxestións teñen por obxectivo  recolle-las manifestacións de insatisfacción dos distintos grupos de interese  vencellados á EET ou presentar iniciativas de mellora da calidade no Centro.

Tipos

  • Preguntas. Formularase unha pregunta cando se desexe obter información sobre distintos aspectos relacionados coa EET.
  • Suxestións. Presentarase unha suxestión cando se desexe propoñer unha iniciativa de mellora da calidade na EET.
  • Queixas. Presentarase unha queixa cando se desexe poñer de manifesto a insatisfacción con algún servizo do centro ou a existencia dalgún problema relacionado coa EET. Haberá dous tipos de queixas:
    • Queixas sobre aspectos xerais.
    • Queixas relacionadas específicamente coas actividades docentes (por exemplo, ausencia do profesorado ou incumprimiento de titorías).
  • Reclamacións. É necesario presentar unha reclamación, sen exclusión doutros motivos, nos seguintes casos:
    • Solicitude individual de cambio da data dun exame por causas de forza maior (consultala Normativa de Exames da EET).
    • Solicitude de revisión de exame por un tribunal, trala publicación das notas definitivas (consultala Normativa de Exames da EET).

Canles

As canles para facer chegar ao Equipo Directivo da EET as Preguntas / Queixas / Suxestións poden ser:

  • Internet
  • Negociado de Asuntos Xerais do Centro
  • Buzón de Queixas e Suxestións na Conserxería do Centro

Pode acceder á Folla de Queixas e Suxestións dende esta páxina, e presentala telematicamente ou cubrila, imprimila e presentala no Negociado de Asuntos Xerais ou na Conserxería do centro. A canle para facer chegar ao Equipo Directivo unha Reclamación debe ser:

  • Negociado de Asuntos Xerais do Centro

Poderá acceder á folla de Reclamacións dende esta páxina web, cubrila e imprimila para a súa presentación no Negociado de Asuntos Xerais.

Observacións

  • Non se admitirán nin preguntas, nin reclamacións, nin queixas relacionadas con actividades docentes anónimas.
  • Non serán atendidas aquelas queixas ou suxestións nas que se advirta abuso de dereito ou carencia de fundamento.
  • As reclamacións deben ser presentadas por escrito no Negociado de Asuntos Xerais da escola, onde se lles dará rexistro de entrada. As reclamacións deben estar firmadas polo/los interesados.