Artigos
Política e obxectivos de calidade da EET
A política de calidade do Centro ten por obxectivo conseguir que as competencias, habilidades e aptitudes dos seus egresados sexan recoñecidas polos empregadores e pola sociedade en xeral. De cara a alcanzar este obxectivo, a Dirección do Centro comprométese a empregar tódolos recursos técnicos, económicos e humanos á súa disposición; sempre dentro do estrito cumprimento dos requisitos legais aplicables. Por isto, a EET establece as seguintes directrices xerais, que inspiran a súa Política de Calidade:
- Establecer unha actuación sistemática e documentada para asegurar a calidade dos seus procedementos.
- Informar da Política de Calidade e facer partícipe dela a todo o persoal do Centro, asegurando a súa difusión.
- Conseguir un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, propoñer e levar a cabo, as accións correctivas e preventivas que puideran ser necesarias.
- Asegurar que o Sistema de Garantía Interno de Calidade mantense efectivo e que é controlado e revisado de forma periódica.
No tocante aos obxectivos fixados polo SGIC, estes resúmense na seguinte lista:
- Potenciar a difusión dos obxectivos dos plans de estudo ligados a cada unha das titulacións do Centro, para que sexan coñecidos polos membros da comunidade universitaria. Obter unha valoración media igual ou superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grado de coñecemento e satisfacción do alumnado cos obxectivos xerais do Plan de Estudos para cada unha das titulacións impartidas no Centro.
- Potenciar a difusión da política e criterios de admisión así como o perfil de entrada asociados a cada unha das titulacións do centro. Obter unha valoración media igual ou superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do alumando co proceso de selección, admisión e matriculación para cada unha das titulacións do Centro.
- Sistematizar o procedemento de seguimento e mellora de títulos de acordo coas directrices da ACSUG.
- Recibir un número de queixas inferior ao 10% do alumnado en relación coa planificación e desenrolo das ensinanzas.
- Recibir un número de queixas inferior ao 5% do persoal docente en relación coa planificación e desenrolo das ensinanzas.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do alumnado coa planificación e desenrolo da ensinanza das titulacións impartidas no centro.
- Obter unha valoración media superior a 5/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do PDI coa planificación e desenrolo da ensinanza das titulacións impartidas no centro.
- Implantanción do PAT para todos os Graos/Mestrados en 2012-2013.
- Obter unha valoración media igual ou superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción cos distintos colectivos implicados en actuacións de orientación ao alumnado.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do alumnado coa actividade docente do profesorado para todas as titulacións do Centro.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do PDI cos recursos de apoio á ensinanza.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do alumnado cos recursos de apoio á ensinanza.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do PAS cos espazos e recursos dos que dispoñen.
- Obter unha valoración media superior a 4/7 (ou equivalente) no indicador relacionado co grao de satisfacción do profesorado co alumnado de cada unha das titulacións do Centro.



