Manual do SGIC
O documento básico do SGIC implantado na EET é o Manual do Sistema de Garantía Interna de Calidade (MSGIC), no que se definen as características xerais do sistema, os requerimentos que atende, o seu alcance e as referencias á documentación xenérica da que se parte ou os procedementos que o desenvolven. O documento estrutúrase en oito aspectos fundamentais:
Deseño da Oferta formativa
- Definición da política e obxectivos de calidade.
- Definición e aprobación de programas formativos.
- Criterios de admisión de estudantes.
- Planificación da oferta formativa.
- Criterios para a eventual suspensión do título.
Desenvolvemento da ensinanza e outras actuacións orientadas aos estudantes
- Actividades de acollida e apoio á aprendizaxe.
Desenvolvemento da oferta formativa
- Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe.
- Avaliación da aprendizaxe.
- Prácticas externas e mobilidade de estudantes.
- Orientación profesional.
Avaliación e mellora da oferta formativa
- Despregamento das accións de mellora elaboradas.
- Xestión das queixas, reclamacións, suxestións e parabéns.
- Xestión de expedientes e tramitación de títulos.
Persoal académico e de apoio á docencia
- Acceso, avaliación, promoción, formación, recoñecemento e apoio á docencia.
Recursos materiais e servizos
- Deseño, xestión e mellora de aulas, espazos de traballo, laboratorios e espazos experimentais e bibliotecas.
- Recursos e servizos de aprendizaxe e apoio ós estudantes.
Resultados da formación
- Medición, análise e utilización de resultados.
- Inserción laboral.
- Académicos.
- Satisfacción dos diferentes grupos de interese.
Información pública
- Difusión de información actualizada sobre a formación universitaria.
MANUAL DE CALIDADE DA EET


